lunes, 30 de abril de 2012

PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA!!

Un día máis lemos nas aulas os contos preferidos dos nosos compañeiros/as. Hoxe CARLA e PAULA compartiron con nós os seus libros favoritos. Pero as actividades relacionadas coa lectura non rematan aquí; o venres pasado os nenos e nenas do instituto viñeron ao cole a ser os nosos "PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA". Cada un deles preparou un conto, e contáronnolo individualmente. Foi un día marabilloso no que desfrutamos coa lectura, cuns narradores espectaculares. E ademais houbo intercambio de agasallos. Nós fixémoslles uns marcapáxinas-monstro e eles..... eles trouxéronnos de todo!! Aquí vos deixamos as fotos de grupo.

E moitas grazas aos "padriños e madriñas". Agardamos que pronto repitades!!!

                                            





2 comentarios:

  1. A Xiana gustoulle moitísimo a experiencia. Quedou encantada coa súa madriña de conto: Noelia... Grazas Noelia polo teu cariño!!!!
    E grazas tamén ás profes, porque lles gusta facer moitas cousiñas, sondes maravillosas!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Bea!!
    Todo o mérito desta actividade téñeno Tati e as profes do instituto que motivaron aos rapaces a participar nesta experiencia e fixeron todo o posible para levala a cabo. E nós, encantadas de ofrecerlles aos peques un día diferente!!

    ResponderEliminar