lunes, 23 de abril de 2012

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, foi unha xornada moi especial no colexio. Celébrase o Día do Libro. Os nenos e nenas de 4 anos participamos xunto co resto do centro na elaboración de marcapáxinas. Nós fixemos uns coellos moi simpáticos. Estarán expostos nos paneis da planta baixa toda esta semana e despois intercambiarémolos cos nosos compañeiros de nivel. Pero non nos esquecemos da lectura dos nosos contos favoritos. Hoxe tocoulles o turno a Líam e Josune. Aquí vos deixamos un resumo da mañá.

1 comentario:

  1. Encantounos o marcapáxinas. A Xiana tocoulle o de Nerea... ¡¡Grazas Nerea, é precioso!!

    ResponderEliminar