sábado, 2 de junio de 2012

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: "APÍPOLIS"

Como xa sabedes, o próximo xoves día 7 realizaremos unha saída a APÍPOLIS. Estamos todos impacientes pola chegada deste día, xa o temos colocado no calendario, e todas as mañás contamos canto falta para a excursión.
Recordámosvos que os nenos/as deben vir vestidos co chándal do cole, e traer un calzado que lles cubra todo o pé, e que sexa de velcro.

Na clase xa hai uns días que comezamos a coñecer cousas das abellas, estamos todos moi interesados en aprender. Pronto poderedes ver algunhas das actividades que estamos a facer.



2 comentarios:

  1. Hola Diana:

    Finalmente Xiana no ha podido ir a la excursión porque lleva dos días con fiebre :(

    De todos modos, esperamos que sus amig@s se lo hayan pasado genial!!!

    Estamos deseando ver las fotos.

    ResponderEliminar
  2. Ola Bea,

    xa me imaxinei que Xiana estaría enfermiña. Os seus compañeiros pasárono moi ben, teñen moitas cousas que contarlle, e moitas fotos que ensinarlle.
    Dalle un bico moi moi grande de parte miña e feliz fin de semana a tod@s!!

    ResponderEliminar