lunes, 21 de mayo de 2012

RESPONDEMOS A CARTA AOS NOSOS AMIGOS DE XINZO

Como xa saberedes polos vosos fillos e fillas, na semana pasada recibimos correo dos nenos e nenas de 4 anos dun colexio de Xinzo de Limia, en Ourense. Na carta invitábannos a ser os seus amigos. Ao longo da semana redactamos entre todos as cartas de resposta, unha carta para os nenos/as de 4 anos A, e outra para os nenos/as de 4 anos B. Aquí vos deixamos o que entre todos decidimos contarlles nas cartas, e uns agasallos que fixemos nas clases para mandarlles. XA ESTAMOS ESPERANDO A SÚA RESPOSTA CON IMPACIENCIA!!!

1 comentario:

  1. Os nenos de Xinzo recibiron hoxe as vosas cartas e non vos podedes imaxinar a ilusión que lles fixo. Agora andamos todos nerviosos argallando a resposta que, durante esta semana, vos enviaremos

    A experiencia está sendo moi gratificante, é increible o que transmiten coas suas caras cando reciben unha carta dos seus amigos de Porriño

    Gracias por facela posible

    ResponderEliminar