viernes, 30 de marzo de 2012

MARABILLAS DE ESPAÑA


 Ao longo deste último mes, nas aulas de 4 anos estivemos moi entretidos traballando nun libro-resumo de todas as marabillas de España que fomos visitando ata o de agora. É un libro-xogo con moitas actividades para que os pequenos poidan repasar dun xeito divertido todo o que aprendemos na escola.
Todos os nenos e nenas participaron con moita ilusión na súa elaboración. Todos os días agardaban a chegada do momento no que nos poñiamos a traballar nel, e todos traballaron con moito empeño ata rematalo.
E ás mestras quédanos a enorme satisfacción de ver as súas cariñas de alegría e aqueles ollos coma pratos cando o viron completamente rematado, dándolle voltas por todos os lados.
Sen dúbida, unha experiencia moi productiva para todos.

MOI FELICES VACACIÓNS!!!

Lapbook Maravillas de España - presentacion imagenes">

4 comentarios:

  1. Que buen trabajo profes y niños, el libro azul es una PASADA! Como mamá mi más sincera enhorabuena a las profes por tan buena dedicación.Gracias por atender tan bien a nuestros hijos, sois geniales!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa ás profes e aos nenos e nenas por este traballo! Encántame o resultado!

    ResponderEliminar
  3. Á miña filla encántalle o libro-xogo. Tódolos días facemos o rompecabezas e colocamos cada marabilla no seu lugar...

    Noraboa ás mestras, que conseguen que @s nos@s fill@s mostren o seu interese polos nosos devanceiros e as pegadas que deixaron e, sobre todo, polo arte.

    E bravo pol@s peques, que son uns/unhas "ratiñ@s" moi listos!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. As profes estamos encantadas cos resultados desta actividade. Día a día vimos na clase como os nenos e nenas se entusiasmaban coa realización e montaxe do libro. E non hai cousa máis bonita para nós e que nos transmita tantas ganas de traballar como as súas cariñas de felicidade.
      Moitas grazas polas vosas palabras de apoio que nos dan ánimos para seguir preparando cousas coma estas.

      Eliminar